As tocadoras como transmisoras da lingua galega
Milleiros de mulleres espalladas por todo o territorio galego xuntábanse para tocar e bailar sendo a centralidade da transmisión musical e da palabra. Aínda hoxe ofrecen un xeito de entender o mundo fóra da transacción comercial.
O 17 de maio, Día das Letras Galegas, xuntarémonos de novo en Santiago de Compostela. Encontrarémonos, conversaremos, falaremos do que sabemos e do que queremos transmitir como pandeireteiras, regueifeiras, músicas, compositoras e pensadoras.
O encontro será en horario de tarde e remataremos cunha gran foliada aberta á veciñanza. Participa!
INSCRÍBETE
MÁIS INFORMACIÓN