I Xornada Pública en Carballo

O 19 de decembro de 2021 celebrouse a I Xornada Pública Somos Pandeireteiras, unha iniciativa de Mercedes Peón na que colaboraron Mar Bouzas, da asociación Raigañas de Cerqueda (Malpica de Bergantiños); Gisela Sanmartín, de Xirifeiras (Fene); e Ana Fernández, da Asociación Cultural Rosalía de Castro (Padrón). Este proxecto inicial derivou no que é hoxe Somos Pandeireteiras: unha asociación cultural de mulleres tocadoras galegas.

Nestas xornadas xuntáronse en Carballo oitenta pandeireteiras de Galicia. Atopáronse, conversaron, falaron do que saben e do que queren transmitir como pandeireteiras, regueifeiras, músicas, compositoras e pensadoras. E comezaron a construír un espazo relacional onde poder traballar sen validacións externas.

Descarga o programa (PDF, 52Kb)