Quen somos

Somos Pandeireteiras é unha Asociación sen ánimo de lucro de mulleres tocadoras galegas constituida no ano 2023 co obxectivo de abrir un espazo permanente de articulación entre as mulleres pandeireteiras galegas, producindo narrativas colectivas propias e transmitindo o seu xeito de operar a través da sororidade, garantindo o seu legado musical e oral en lingua galega posicionandoa como lingua vehicular.

Obxectivos

Impulsar a lexitimación da representación social das pandeireteiras como centro da transmisión cultural no eido musical tradicional contemporáneo.

Favorecer a cohesión social e territorial das tocadoras.

Difundir o valor do noso patrimonio inmaterial a través da visualización, conexión e articulación das pandeireteiras e tocadoras de Galicia.

Xunta directiva