II Xornada pública
Nos alicerces da nosa asociación está situármonos como transmisoras da lingua galega e, por conseguinte, das súas falas. Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas de 2025, data na que a Real Academia Galega renderá homenaxe a seis tocadoras da nosa tradición, promovemos en Santiago de Compostela a II edición das nosas Xornadas Públicas Somos Pandeireteiras.
O encontro terá lugar no Auditorio de Galicia e contará con catro mesas de traballo arredor do papel das mulleres pandeireteiras como transmisoras da lingua galega e, das principais conclusións dos debates, elaboraremos unha publicación da man de Paula Carballeira, Olga Novo, Ánxela Lema, Nuria Vil e Pilar García Rego. A xornada pecharémola cunha gran foliada aberta á veciñanza.
As xornadas están dirixidas a todas as mulleres pandeireteiras galegas e contarán cun límite de 100 prazas (25 persoas por mesa redonda) coa intención de poder desenvolver, nas mellores condicións posibles, un debate de xeito colectivo e colaborativo en cada mesa.
Inscríbete!Porén, a foliada (20.00 a 22.00 horas) é aberta a toda a cidadanía. O encontro festivo que pechará esta II Xornada Pública non require inscrición previa.
Gisela Sanmartín.
Presidenta de Somos Pandeireteiras.
Mercedes Peón.
Vicepresidenta de Somos Pandeireteiras.
entre a xornalista Pilar García Rego
e Gisela Sanmartín, Mercedes Peón,
Ana Fernández e Mar da Bouzas, da xunta directiva de Somos Pandeireteiras.
entre a xornalista Pilar García Rego
e as tocadoras de Chaín: Digna Pérez Pérez
e Otilia Mouriño Álvarez.
Paula Carballeira, Olga Novo,
Nuria Vil e Ánxela Lema.
Ana Fernández,
tesoureira de Somos Pandeireteiras.
Mar da Bouzas,
secretaria de Somos Pandeireteiras.
Nesta mesa falarase da importancia da presenza dos contidos relacionados coas pandeireteiras dentro do currículo da educación obrigatoria, nos cursos oficiais de formación do profesorado así como a relación das pandeireteiras coas estruturas culturais dos diferentes territorios.
Modera: Maruxa Mascuñana.
Relatora: Paula Carballeira.
Nesta mesa falarase do modo de transmisión dos trazos dialectais da zona onde se realiza a recollida das pezas, analizando se existe respecto por estes trazos á hora de transcribir e transmitir as pezas, se se adaptan á fala de quen interpreta, ou se estandarizan ao galego normativo.
Modera: Icía Varela.
Relatora: Olga Novo.
Nesta mesa falarase de como as clases de pandeireta foron e son un espazo onde achegarse á lingua galega para persoas que na súa vida cotiá son castelán falantes ou están en proceso de cambio para integrar o galego como lingua principal.
Modera: Lupe Blanco.
Relatora: Nuria Vil.
Nesta mesa falarase sobre o traballo de tradución das coplas ao galego atendendo a tres cuestións: como, quen e cando se traducen; do grao de responsabilidade que teñen as persoas que están actualmente en escena con respecto á lingua e do simbolismo do uso da lingua galega nos espazos escénicos, así como da responsabilidade da mensaxe que poida chegar ao público.
Modera: Icía Sanmartin.
Relatora: Ánxela Lema.
Xornalista e comunicadora da TVG. Desde os anos 90 ten feito todo tipo de espazos en programas e informativos pero, sen dúbida, o que máis lle marcou foi o ‘Alalá’ que comezou no 2006, pois nel entrou en contacto con toda unha xeración de mulleres e homes aos que, sinala, lles debemos a salvagarda da tración oral.
Co ‘Alalá’ retomou a súa relación coa música tradicional, que comezara cando tiña 17 anos. Daquela participara na fundación do Centro Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras, onde foi bailadora e mestra de baile para os máis pequenos. Tamén deu aulas, nos 90, na asociación A ponte vella, onde foi a súa primeira mestras de baile. Leva con orgullo o título de Mellor bailadora nas Xornadas de Música Tradicional de Compostela en 1988. Desde hai 12 anos conduce o espazo cultural Zigzag da TVG.
Comezaron a tocar xuntas no 1958. No seu colectivo chegaron a ser 21 tocadoras divididas en grupos da 5 para tocar nas "Festas das casas", que é como se lle chama á foliada en Chaín. Daquela tiñan a festa de Santa Teresa (15 de outubro) como celebración principal. Buscaban a casa onde ir facer a foliada. Tiñan que mercar carburo e atopar quen lles deixara o candil. No sobrado da casa facíase o encontro e tiñan que "escorar" na corte para que non caera enriba das vacas.
Tanto Digna Pérez como Otilia Mouriño viviron eses tempos e seguiron a tocar. Grandes bailadoras da xota e mestras sempre, participaron nas festas das casas dos lugares do redor e hoxe en día van tocar onde as chamen ou onde lles preste tocar a pandeireta e cantar.
(Maniños, Fene, 1972) Licenciada en Filoloxía e cun curso de Especialización en Arte Dramática (Teoría e Práctica da Interpretación). Escritora, actriz e narradora oral profesional desde 1994, pertence á compañía Berrobambán e foi convidada aos principais eventos de narración oral nacionais e internacionais. Ten unha ampla produción literaria traducida a varias linguas e que mereceu distintos recoñecementos, entre eles o Premio Nacional de Literatura Dramática outorgado polo Ministerio de Cultura no ano 2023.
(Muros, 1991). Doutora en Estudos de xénero e literarios. Na actualidade traballa como profesora na Facultade de Filoloxía da UDC e é membro do Grupo ILLA e da Rede Galega de Estudos Queer. Os seus ámbitos de investigación son os estudos de xénero, da sexualidade e literarios, cuestións sobre as que publicou diferentes traballos e impartiu conferencias e seminarios. Foi galardoada, xunto a Andrea Nunes, co Premio Follas Novas (2024) polo ensaio ‘O cento voando. Amores, alianzas e non-monogamias’ (2023). No ámbito da ficción publicou ‘ex-céntricas’ (2022), xunto a Sara Villar.
(Santo André de Comesaña, Vigo, 1993). O seu traballo artístico céntrase en levar a poesía máis aló da escrita: busca hibridar a palabra con formas de arte experimental e performática a través dun discurso marcado pola vindicación social. Foi a primeira poeta en galego en formar parte do Ciclo Pictura Fulgens no Museo Reina Sofía. Simún (Ed. Chan da Pólvora, 2021, 2022) é o seu primeiro e único poemario individual escrito publicado; a súa obra atópase en numerosas antoloxías e permanece na oralidade. Ademais, fixo parte de espectáculos (Indóciles, Dúas Gamberras e un Micro) e no 2024 estreou Declaro deserto.
(Vilarmao, Lugo, 1975). Doutora en Filoloxía Galega e de Estudos Hispánicos. Poeta, tradutora, ensaísta, crítica literaria e docente de ensino secundario. A súa poética xira arredor de eixes como o amor, o erotismo, as vangardas ou o feminismo. Suma numerosas obras como estudiosa da literatura; e a súa poesía ademais de ser traducida a numerosas linguas, foi recoñecida con numerosos galardóns. É o caso de Cráter (2011, Premio da Crítica española) ou Feliz Idade (2019, Premio da Crítica galega, Premio da Crítica española e Premio Nacional de Poesía no 2020).
(Coristanco, 1980). Comezou a tocar a pandeireta aos seis anos cunha caixa de zapatos, conseguiu que a súa avoa Rosa apuntáraa a clases na asociación do seu concello. Na adolescencia chegou a formar parte do grupo de pandereteiras Arume de Verdillo e continuou, xa como mestra por distintas asociacións da comarca. O mundo da pandeireta levouna a coñecer a regueifa e adícase profesionalmente ao que lle leva a vida: tocar, cantar e improvisar.
(Fene, 1994). Graduada en tradución e Interpretación. O seu interese na docencia lévaa a realizar o Mestrado Universitario de Profesorado, na especialidade de linguas estranxeiras. Comeza aos 3 anos no mundo da música tradicional, formando parte de diversas agrupacións e proxectos musicais. Dende hai uns anos, imparte clases de percusión tradicional en diversas asociacións. Actualmente forma parte de Xirifeiras e As Netas de Quen.
(A Coruña, 1988). Mestra e educadora social afincada na Coruña. Comezou a tocar a pandeireta aos 18 anos na asociación Arestora, ao tempo que descubría as súas primeiras foliadas. Desde entón, considérase aprendiz eterna de tocadora, pasando por asociacións como Raigañas, a Escola do Alprende ou Donaire, da que forma parte hoxe en día. Durante o tempo que viviu na Costa da Morte, conectou con tocadoras que levan na súa memoria e na súa voz moitas das coplas e melodías que aprendeu ao longo de todos estos anos.
(Malpica, 2000). Filóloga e fundadora do grupo Arredores. Desde o ano 2015 é mestra de pandeireta e baile en numerosas asociacións do país, como Raigañas (Cerqueda), Adro (Baio) ou O Cansorriño (Camariñas). Compaxina esta labor de transmisión con colaboracións con artistas como Mercedes Peón, SÉS, Fillas de Cassandra ou Caamaño & Ameixeiras. Como solista, actuou no Festival Intercéltico de Lorient (Francia) e no Celtic Connections de Glasgow (Escocia).